Xuguex 2025

Lugar: Campus de Elviña. Salón de Graos da Facultade de Dereito. A Coruña

Data: venres 30 de maio

Nesta novena edición reafirmamos a necesidade dunha ollada crítica feminista fronte aos desafíos que atravesan as nosas sociedades e universidades. Case unha década despois do #MeToo e nun contexto onde o medo comeza a cambiar de bando, seguimos denunciando as violencias estruturais e a reacción patriarcal ante os avances en dereitos. Fronte á precarización da vida, o auxe dos discursos negacionistas e os intentos de borrar as nosas loitas, estas xornadas queren ser un espazo de reflexión e acción. Porque non daremos nin un paso atrás, porque a academia e a ciencia tamén deben ser feministas, seguimos a pensar xuntas estratexias para transformar o presente e construír un futuro máis xusto e igualitario.

Obxectivos

1

Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de calidade académica.

2

Intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador que xa integre a perspectiva de xénero na súa práctica docente e/ou investigadora e quen teña interese en incorporala.

3

Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.

4

Promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria.

Áreas temáticas

Poden enviarse as propostas de comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, segundo a temática. Ditas propostas deberán estar redactadas segundo o formato de comunicación que se achega.

Violencias
contra as mulleres

«Que o medo cambie de bando! Por unha sociedade igualitaria»

(oficina.igualdade@udc.gal)

Mulleres, ciencia
e investigación

«Mulleres investigadoras, ciencia transformadora. Avances e desafíos»

(igualdade@uvigo.gal)

Perspectiva de xénero na
docencia universitaria

«Deconstruíndo estereotipos: a importancia da docencia con perspectiva de xénero»

(oix@usc.gal)

Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 25 de abril de 2025